Friday 17 de May de 2024

O concello ampliará e modernizará a zona de xogos do parque infantil dos Rosales


 

O Goberno local inicia na praza Elíptica do barrio dos Rosales o seu proxecto de ampliación, renovación e modernización das zonas de xogo infantil da cidade

O concello deulles luz verde ás obras de ampliación e reforma da zona de xogos infantís do parque dos Rosales. As obras, cuxo custo ascende a 165.289,25 euros, poñeranse en marcha antes de que finalice o ano. O prazo de execución será de tres meses.

O Goberno local inicia así o seu plan de reforma dos espazos infantís da cidade na súa aposta pola modernización das áreas de xogo e de dotar de maiores elementos a aqueles parques que, como o dos Rosales, presenten un certo déficit na oferta lúdica de xogos. A intención do proxecto, sinalan desde o concello, é a de crear un novo parque infantil moderno e innovador; un espazo de lecer para o barrio.

Desde o concello sinalan que esta actuación se enmarca dentro dun plan integral de revisión de todos os barrios da cidade que recolle tamén novas medidas de limpeza nas instalacións.

Con esta iniciativa, o Goberno local responde a unha vella demanda da veciñanza deste barrio coruñés, que considera insuficiente a zona de xogos e que leva anos reclamando actuacións de mellora no parque. O parque dos Rosales é un dos barrios con maior poboación infantil y conta con varias zonas para todas as idades con áreas diferentes e xogos adaptados. Os maiores tamén disponen de seu propio espazo e hai unha zona deportiva para os mais grandes. A oferta deportiva do barrio completase cunha pista de skate.

As obras de reforma consistirán na retirada dos elementos de xogo infantil que hai na actualidade e eliminación do pavimento de cemento rodado que será substituído por chan de caucho e céspede artificial co obxectivo de ampliar o espazo de xogos. As actuacións completaranse coa instalación de novos xogos e melloras nas superficies de xardín e arboreda. Entre os novos xogos que se instalarán na praza, hai bambáns, diversos elementos de equilibrio e túneles. O proxecto incorpora a eliminación da caixa de area da zona infantil de nenas e nenos de menos idade e a colocación de novas randeeiras.

Por outra banda, a área que utilizan as crianzas de maior idade conta na actualidade con dúas estruturas. A idea é eliminar unha delas e na outra instalaranse novas randeeiras e un elemento de xogo dinámico. As actuacións inclúen a creación dunha caixa de area con xogos dinámicos no espazo verde situado en fronte da área infantil.
Tamén se plantarán novos exemplares no campo da arboleda, respetando os actuáis, e colocaranse novos bancos que servirán para separar as dúas zonas.